Vigo al día

En maio asináronse 95.200 contratos laborais en Galicia e o paro só baixou en 5.421 persoas

O 80% de todos os contratos foron para o sector servizos e deles únicamente un 7% era de tipo indefinido

En maio asináronse en Galicia máis de 95.200 contratos laboráis e o número de persoas anotadas nas oficinas de emprego baixou “só” en 5.421,o que proba, denuncian os sindicatos, que o emprego creado foi temporal e de baixa calidade.

As centrais alertan de que a situación do emprego non varía e de feito o 90% dos empregos que se crean en Galicia son temporais. Ainda máis, a CIG sinala de que preto do 80% dos contratos laboráis do mes pasado foron para o sector servizos e deles únicamente un 7% foi de tipo indefinido.

En opinión dos sindicatos é urxente un plan que permita crear emprego de calidade e o primeiro paso é a derogación da ‘reforma laboral’ dos gobernos do PP que trouxeron traballos temporais, soldos baixos, e desemprego de longa e, especialmente, de “moi longa” duración.

También te puede interesar