Comarcas

@ConcelloNigran abre o prazo para solicitar axudas para a compra de libros e material escolar

O Concello de Nigrán abre este mércores, 5 de xuño, e ata o día 26, o prazo para solicitar axudas municipais á  adquisición de libros de texto ou material escolar no curso 2019/20 (BOP 4 de xuño de 2019).

Coma en anos anteriores,  a contía máxima  é de 65€ por cada neno e mantense o requerimento indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2019-2020.

Os beneficiarios deben estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido. A documentación para presentar será: fotocopias do libro de familia completo, DNI dos pais, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador, xustificante de ingresos de toda a unidade familiar do exercicio 2018, recibo de aluguer ou de préstamo hipotecario, vidas laborais para os  maiores de 16 anos, etc.

A solicitude realizarase no Departamento de Benestar Social do Concello de Nigrán mediante cita previa no teléfono 986.365.000.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.