Galicia Vigo al minuto

Os profesionais de Atención Primaria priorizaron a atención, sen cita previa, de 53.000 pacientes na Área Sanitaria de Vigo

No que vai deste ano, 53.305 pacientes da área de Vigo tense beneficiado do ‘TRIAP’, procedemento organizativo para ordenar e priorizar a demanda da atención non programada nos centros de saúde.

Segundo indican dende o Servizo Galego de Saúde (Sergas), a área sanitaria de Vigo continúa coa implantación nos centros de saúde  deste sistema organizativo e asistencial para ordenar a demanda da atención non programada (TRIAP).

Dacordo co mesmo, as solicitudes de asistencia daqueles pacientes que achéganse sen cita previa ao centro sanitario fanse dun xeito semellante ás das Urxencias Hospitalarias: permite   identificar  aquelas situacións clínicas que requiren dunha atención sanitaria que non admite demora -e que debe prestarse ben de xeito inmediato ou ao longo da xornada- fronte a aquelas consultas que poden demorarse e que deben ser programadas a través de citación.

Tres niveis de atención

Esta triaxe consiste na clasificación dos pacientes non programados cun código de cores, que permite identificalos segundo a gravidade clínica que presenten e en función disto, se establece o tempo no que deben ser atendidos.

Así, nunha primeira avaliación, o persoal da área administrativa seguirá o protocolo establecido para identificar se a solicitude do paciente ten que ser atendida de xeito inmediato, ou se debe pasar a consulta de triaxe do persoal de enfermaría, ou pode ser programada nas súas diferentes modalidades, presencial ou telefónica, ofrecendo sempre a primeira cita  dispoñible.

Ante un problema de saúde que require atención inmediata, establécese o ‘Código Vermello’. O persoal acompaña ao paciente ata a  sala de Urxencias, para ser atendido por persoal de enfermaría e médico á maior brevidade, aos que se avisará telefonicamente dende a área administrativa.

Nos casos nos que non se precisa atención inmediata, se cita nas axendas dos profesionais sanitarios e pasan a ser tríados polo persoal de enfermaría, que recolle na súa historia clínica o motivo, signos e síntomas que presenta, asignándolle un novo código.

Este código pode ser “Laranxa”, que son os casos cunha situación clínica nos que debe ser atendido polo médico no primeiro momento posible ou “Verde”, que indica que a  situación non e urxente  e o paciente debe esperar ata que o facultativo dispoña dun oco na súa axenda.

También te puede interesar