Comarcas

@ArboConcello oferta dúas prazas de socorrista para as piscinas municipais

Ante a chegada da tempada estival, o Concello de Arbo oferta dúas prazas para o Servizo de Socorrismo nas piscinas municipais.

Dende o Concello informan de que o contrato da actuación terá unha duración de 2 meses, cunha “xornada diaria a tempo parcial (75%), baixo a modalidade contractual de contrato de traballo de duración determinada de interese social”.

As persoas interesadas poden consultar as bases desta convocatoria entrando na páxina web do concello de Arbo: www.concellodearbo.es

También te puede interesar