RGPD - Cookies
Galicia

@obloque reitera que non faciltará, en ningún caso, gobernos da dereita nos concellos galegos

O BNG non facilitará un so gobernó da dereita nos concellos de Galicia. Así de claro deixouno o pasado mércores nun comunicado e así reiterouno este venres.

O Bloque non vai sentarse a negociar co Partido Popular en ningunha circunstancia-tampouco en Catoria onde o PP propúxolle esta posibilidade aos nacionalistas para evitar que repita o socialista Alberto García, que leva 30 anos na Alcaldía-.

Dende o BNG inístese en que estudiará “caso por caso” os concellos onde a esquerda poida facerse co goberno local.

Os nacionalistas lembran que o pasado domingo as galegas e galegos decidiron que o BNG poida gobernar en 24 concellos-con maioría absoluta ou simple- ademáis de outros concellos no que foi o partido de esquerdas máis votado.

En total, o Bloque obtivo preto de 195.000 votos en Galicia, 458 concelleiros e será determinante para gobernar nas deputacións galegas.

También te puede interesar