Galicia Vigo al minuto

O Sergas anuncia que investirá preto de 600.000€ en novos equipos electromédicos para os centros de saúde de Vigo

O Servizo Galego de Saúde investirá máis de medio millón de euros na adquisición de novos equipos electromédicos para os centros de saúde da área sanitaria de Vigo. Así figura no expediente de licitación difundido polo Sergas.

O orzamento de licitación ascende a 579.348€, cantidade irá destinada á adquisición de 57 electrocardiógrafos -234.498€-, 50  desfibriladores -272.250€- e 3 ecógrafos -72.600€-, que se incorporarán aos centros de saúde da área sanitaria viguesa.

Dende o Sergas subliñan que “esta adquisición é unha das medidas a curto prazo comprometidas no marco do Plan de Atención Primaria 2019-2021, de renovación de equipamento e material de diagnóstico obsoleto dos centros de saúde así como a dotación do equipamento necesario”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.