Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo pide que o Goberno local aumente as axudas a libros e comedor que “son as mesmas que en anos anteriores”

El Concello empezará a pagar este mes las becas de comedor

Como informara vigoalminuto, o Goberno local vén que aprobar as bases do programa de Axudas Municipais escolares de libros e comedor, axudas que, denuncia Marea de Vigo, estarán financiadas novamente polo mesmo importe de anos anteriores.

Esta cantidade, salientan dende Marea, non subiu “a pesar de que os datos de renda familiar das persoas en situación de vulnerabilidade aumentan na cidade e asistimos a un encarecemento do prezo da vivenda e dos servizos básicos nos últimos anos, situación que deixa con menos recursos ás familias para afrontar gastos escolares e de comedor”.

Marea de Vigo xa sinalara este feito no debate de orzamentos sublimando que “no ano 2018 apenas  houbo 1.240 axudas para nenos entre 3 e 5 anos e 3.128 axudas de comedor entre setembro e xuño foron consignadas o que supón unha pequena parte da poboación escolar de Vigo de esa franxa de idade”.

Para o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, “chama a atención son algunhas das modificacións que se fan desta volta no prego, xa que non son orientadas á educación pública, senón á concertada, aumentando os criterios para as subvencións nese eido: eliminan a obrigatoriedade de uso do comedor escolar todo o mes, e, o máis sorprendente, inclúen os uniformes como elemento subvencionable”.

Para Marea de Vigo o que debe facer un Goberno local progresista é “premer para un cambio de zonificación escolar que potencie o ensino público así como promover a apertura de novos centros públicos que poidan cubrir toda a demanda escolar”, e deste xeito “non continuar engordando as contas do ensino privado a través dos concertos”.

También te puede interesar