Galicia

@Xunta aproba destinar 10 millóns a programas que permitirán a integración laboral de 4.000 persoas

O presidente  do Goberno galego informou este mércores da convocatoria dunha nova edición dos programas integrados de emprego, “unha ferramenta que ofrece aos participantes formación, asesoramento e orientación laboral”.

Para tal fin, subliñou, destinarase entre 2019 e 2020 un orzamento de 10 millóns que poden solicitar tanto as administracións locais como as entidades sen ánimo de lucro. Un investimento a través do cal os beneficiarios recibirán 2.500€ por cada participante, mantendo o incremento de 100€ introducido o ano pasado, e no que se espera que participen 4.000 persoas desempregadas.

O presidente Feijóo explicou que, ao igual que acontecera en anteriores edicións, terán prioridade os concellos emprendedores, resérvanse 2 millóns de orzamento para plans específicos para mulleres, e primaranse os proxectos nos que se implique o tecido empresarial.

A actual convocatoria introducirá dúas novidades: incluirase o colectivo de persoas beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia (RISGA) e a formación estará dirixida á obtención, de polo menos, un certificado de profesionalidade.

A este respecto, Feijóo puntualizou que estes programas establecen como obxectivo a inserción laboral de como mínimo o 35% dos participantes. Aínda que a inserción media alcanza o 50%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.