Galicia

Entre o 50 e o 80 por cento dos alumnos galegos de 3º e 6º de Primaria e 4º da ESO non se presentaron ás reválidas

As ‘reválidas’ de 3º e 6º de Primaria e de 4º de Esino Secundario Obrigatorio (ESO)-que son este martes e mañá, mércores- estiveron, no mellor dos casos no 50 por cento de asistencia en Galicia.

So a metade dos alumnos, segundo a a Consellería de Educación, unha porcentaxe que a CIG e a Confederación Anpas sitúa no 20 por cento, acudiron a facer as probas hoxe, unha cantidade que podería repetirse ou se cadra aumentar mañá.

Dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público saliéntase o feito de que o 80 por cento do alumnado non fixese este exame, o cal amosa que o non diminúe o número de estudantes e familias que rexietan estas reválidas establecidas hai cinco anos.

También te puede interesar