Ciencia y Tecnología Vigo al día

92 novos residentes, dende este luns na Área Sanitaria de Vigo

A Área Sanitaria de Vigo deu a benvida este martes aos 92 graduados que elixiron a cidade para cursar a súa especialidade sanitaria. Trátase da promoción mais elevada da historia da sanidade viguesa, un 20% máis que hai catro anos cando se abriu o Álvaro Cunqueiro.

77 facultativos e 16 enfermeiras

Os 92 novos residentes se formarán en 38 especialidades diferentes. Deles, 77 son médicos e 16 enfermeiras. Maioritariamente os residentes son graduadas e graduados en Medicina aínda que tamén comezan a súa formación graduados en Farmacia, Psicoloxía, Química, Radiofísica e Medicina do Traballo.

As 16 graduadas en Enfermería distribúense en 4 de Pediatría, 2 de Saúde Mental, 4 matronas e 6 de Medicina Familiar e Comunitaria.

A especialidade que copa un maior número de residentes é Medicina Familiar e Comunitaria, cun total de 24 facultativos.

Dentro da formación especializada, o servizo de pediatría acolle a 4 residentes de primeiro ano. Séguenlle, con 3 novos MIR, o servizo de Medicina Interna,  Anestesia e Reanimación, Traumatoloxía, Xinecoloxía e  Radioloxía. O resto dos servizos contarán con 2 ou 1 residente de primeiro ano.

También te puede interesar