Cultura Vigo al minuto

Ataque ao monolito de Teis que lembra aos veciños asasinados polo réxime de Franco

A Asociación Veciñal de Teis vén de denunciar que o monólito en memoria dos repesaliados e asasinados durante a ditadura franquista, colocado no parque da Guía, sufriu hai varias semanas un ataque.

Este monolito, que promoveu da Asociación Veciñal , o 27 de decembro de 2008 no parque da Guía, a escasos metros do lugar onde foron asasinados polos fascistas Angela Iglesias Rebollar e José Niebla García o 11 de abril de 1937.

Os veciños salientan que “temos moi claro que non é un acto vandálico se non un ataque ideolóxico contra un monumento da memoria histórica”.

Desde a Asociación Veciñal solicitaron por escrito, o pasado día 6, á Concellaría de Parques e Xardíns a limpeza da pintada sobre o monólito, “sen que até o de agora se fixera nada”. Polo que esixen do Concello  que se proceda a limpeza do monumento de xeito inmediato.

También te puede interesar