Cultura Vigo al minuto

Abre a exposición permanente «A nova Colección Colmeiro» na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Dende este martes, 21 de maio abrirase ao público, de forma permanente e na planta terceira da Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a exposición «A nova Colección Colmeiro», composta polos vinteún óleos do artista que se incorporaron no ano 2017 aos fondos artísticos municipais, xunto a 145 obras sobre papel.

Están presentes nel practicamente todas as etapas do autor: o seu retorno a Galicia nos anos 20 do pasado século, con vistas singulares do porto vigués; a súa interpretación crítica da realidade galega nos anos 30, en paralelo á definición do seu renovador estilo pictórico; o impacto da Guerra Civil española que o une en dramatismo a predecesores como Goya ou a contemporáneos como Picasso; o seu posterior exilio parisiense; o seu regreso e presentación en España nos anos 50, 60, 70 etc.

Na colección tamén están todas as temáticas que lle son propias: principalmente o seu país galego, que capta a través da súa xente en romarías e traballos, das súas paisaxes; os traballos de estudio; as súas incursións na mitoloxía; os retratos... traballos todos eles nos que a muller brilla como gran protagonista. E todas estas temáticas desde a gran  variedade de técnicas coas que as abordou: óleo, tinta ou lapis entre elas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.