Sucesos

66 feridos en accidentes de tráfico nunha ‘ponte’ das Letras Galegas sen mortos nas estradas

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 66 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do xoves, día 16 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 19 de maio.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 56 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 54 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar