Galicia Vigo al minuto

#26M @bngvigo elevará a protección dos montes de Vigo e do río Lagares apostando por unha «cidade máis verde»

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, comprometeuse, durante un encontro aberto na parroquia de Cabral, en elevar a protección ambiental dos montes da cidade e do río Lagares para avanzar cara a unha «cidade moito máis verde».

«Os nosos montes teñen que se converter nun verdadeiro parque periurbano, nese pulmón imprescindíbel e para iso comprometémonos a elevar a súa protección pero tamén a aumentar a implicación do Concello no seu mantemento e posta en valor», explicou.

O Bloque reitera a súa oposición frontal ao desenvolvemento do proxecto de Porto Cabral. «Non imos permitir que se dedique nin un só metro cadrado do monte comunal para un pelotazo urbanístico e menos para poñer en marcha un novo macrocentro comercial cando temos a cidade xa saturada deste tipo de espazos», afirmou comprometéndose a blindalo no próximo PXOM.

Doutra banda, o candidato do BNG quere impulsar unha ordenación dos montes «que permita o seu aproveitamento racional e sustentábel, produtivo, ambiental e tamén para o lecer e a práctica deportiva». Outra das medidas que inclúen no seu programa é a de homologar os asadores e churrasqueiros dos parques forestais da cidade á normativa de seguridade e prevención de incendios.

Precisamente, en relación á defensa do monte vigués fronte a ameaza dos lumes forestais, Igrexas chamou a «aprender a lección do ano 2017» e a despregar un maior apoio municipal ás comunidades de montes. «Non pode ser que máis dun ano e medio despois, pola inacción da  Xunta e do Concello, as comunidades sigan sen dispor dos medios necesarios para reforestar e para reforzar a súa capacidade de resposta fronte ao lume e sobre todo para despregar máis accións preventivas», criticou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.