Destacados Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Galicia ratifica a decisión do Parlamento de declarar caducada a iniciativa lexislativa popular a favor de Porto Cabral

A sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso interposto pola Comunidade de Montes Veciñais de Cabral sobre as sinaturas necesarias para Porto Cabral.

A Xunta Electoral de Galicia ditaminou en abril de 2018 o incumprimento do requisito das sinaturas necesarias para a tramitación da proposición non de lei, de iniciativa popular, sobre o desenvolvemento, pola Xunta de Galicia, das actuacións necesarias para tramitar e aprobar o proxecto de lecer e comercial Porto Cabral.

O alto tribunal tamén rexeitou as alegacións presentadas pola entidade contra a resolución de maio de 2018 da Mesa do Parlamento de Galicia na que declara caducada a iniciativa lexislativa popular.

“A Xunta Electoral de Galicia declarou o incumprimento do requisito das firmas necesarias para a tramitación da proposición non de lei, de iniciativa popular, e remitiu o acordo á Mesa do Parlamento, quen é a encargada de declarar aquela caducidade unha vez constatado o presuposto que aquel precepto recolle”.

Segundo o Alto Tribunal, “ese presuposto non só ten lugar cando non se presenta o número de firmas esixido, senón tamén cando as presentadas non están autenticadas polos fedatarios especiais designados, que é o aquí ocorrido”.

También te puede interesar