Galicia Vigo al minuto

@QueremosGalego pide sair este venres á rúa para esixir «liberdade, igualdade e xustiza» para o noso idioma

Coincidindo co Día das Letras, ‘Queremos Galego’ impulsa unha campaña de mobilizacións en todo o territorio de Galicia. A intención da plataforma é pedir «liberdade, igualdade e xustiza» para o noso idioma e os que o falamos.

Serán 13 as manifestacións, secundadas por máis de 700 asociacións, entidades, agrupacións, sindicatos e cooperativas nas que vaise alertar sobre o momento “crítico que está a vivir a lingua galega”.

Segundo  o presidente da Mesa, Marcos Maceira, estamos diante dun grave problema de transmisión interxeneracional do idioma, posto que pouco menos da cuarta parte dos galegos menores de 15 anos aseguran que  non se saben expresar na súa lingua.

Ademáis diso, Maceira denunciou “dificultades de todo tipo» para poder vivir plenamente en Galicia utilizando o galego, tanto nas relación coas administración coma no eido da sanidade o da xustiza.

En Vigo, dende o cruzamento de Vía Norte

As protestas celebraranse ás 12:00h en A Coruña (Praza de Galiza), Compostela (Alameda), Ferrol (Praza Vella), Carballo (Praza do Concello), Lugo (Praza Maior), Burela (Praza da Mariña), Monforte (Praza de España), Ourense (Praza do Ferro), Pontevedra (Praza da Peregrina), Vigo (Saída do cruzamento da Vía Norte con Rúa Urzáiz), A Estrada (Praza do mercado), Cangas (Praza do concello) e Lalín (Praza da igrexa).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.