Comarcas

@AsNevesConcello impulsa tres días de actividades culturales polo Día das Letras Galegas

Co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este 2019 ao profesor Antonio Fraguas, o Concello das Neves organiza un programa de actividades dende este xoves, día 16, ata o día 19.
Este xoves, ás 9 da noite, no Auditorio Municipal, concerto de Leilía, o grupo integrado por Ana, Patri, Merchi, Montse, Felisa e Rosario e fundado hai 30 anos, segue adiante coa súa aposta pioneira e atrevida de recuperar e actualizar a música xurdida da tradición oral galega.
O mesmo venres, día 17, no mesmo lugar, e ás 7 da tarde, chegará a quenda da Banda de Música Popular de Rubiós, fundada hai 127 anos, e recuperada definitivamente en 1987.
O domingo, día 19, na Praza Maior- no caso de que chova no Auditorio Municipal- a 1 da tarde as veciñas e veciños poderán gozar das voces da Coral Polifónica Santa María das Neves.
Durante todos estes días o Concello mantén aberta a Exposición de Cartaces e Actividades arredor da figura, a vida e a obra de Antonio Fraguas (Loureiro, Cotobade 1905 – Compostela 1999) escritor, profesor, ensaísta, historiador, antropólogo e etnógrafo galeguista que en 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega no lugar que ocupara no seu día Castelao.

También te puede interesar