RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

79 residentes, médicos e persoal de Enfermería, rematan a súa formación coma especialistas en Vigo

79 residentes que concluíron este ano o seu período de formación como especialistas, tanto médicos como enfermeiras, despedíronse este mércores no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os novos facultativos especialistas pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras especialistas formáronse durante dous anos.

Os residentes que hoxe terminaron o seu período de formación distribúense en case todos os servizos: 1especialista en Análises Clínicas; 1 en Anatomía Patolóxica; 4 en Anestesia e Reanimación; 1 en Anxioloxía e Cirurxía Vascular; 1 en Cardioloxía; 2 en Cirurxía  Ortopédica e Traumatoloxía; 2 en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo; 2 en Farmacia Hospitalaria; 1 en  Hematoloxía e  Hemoterapia; 20 en Medicina Familiar e Comunitaria; 2 en Medicina Interna; 1 Medicina Intensiva; 1 en Medicina Nuclear; 1 en  Neuroloxía; 1 Neurocirurxía; 3 en Obstetricia e  Xinecoloxía; 2 en Oftalmoloxía; 1 en Oncoloxía Médica; 1 en Oncoloxía Radioterápica; 1 en Otorrinolaringoloxía; 4 en Pediatría; 1 en  Pneumoloxía; 1 en Psicoloxía Clínica; 2 en Psiquiatría; 3 en  Radiodiagnóstico; 1 en  Uroloxía; e 1 en Xeriatría.

Tamén concluíron hoxe a súa formación 7 especialistas en Enfermería Familiar e comunitaria, 4 máis en Enfermería Pediátrica, 2 enfermeiras especialistas en Saúde Mental, e 4 matronas especialistas.

A Área Sanitaria de Vigo ten, nos distintos cursos de formación de especialistas, a 308 graduados en distintos anos, tanto en hospitais como en centros de saúde.

También te puede interesar