Galicia

A xustiza obriga á Xunta a rcoñecer coma traballado o período no que unha interina foi chamada durante o tempo de descanso por maternidade

A sección primeira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) recoñeza como traballado, para os efectos administrativos, o período de tempo durante o cal foi chamada para traballar unha muller de baixa por maternidade que estaba incluída nas listas temporais da categoría de ATS/ DUE.

O alto tribunal revogou a sentenza ditada en novembro de 2018 por un Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña e acolleu parcialmente o recurso interposto pola demandante.

É un “período de descanso”

«A situación de maternidade non pode asimilarse á falta de capacidade funcional necesaria para desempeñar as funcións propias dun posto de traballo, senón que é un período de descanso que se goza por tal situación», indica o TSXG na resolución.

A sala subliña que «a discriminación existe», pois destaca que «eliminada a situación de maternidade os servizos prestáronse e, polo tanto, deben recoñecerse como tales aínda que non se poidan prestar por atoparse a traballadora nunha situación que está protexida pola lei».

A sala indica na resolución que o recoñecemento debe quedar limitado ao período de tempo para o que a traballadora é chamada das listas, é dicir, «o comprendido desde a data de chamamento, o día 27 de xaneiro de 2017, ata o día 3 de abril de 2017, en que se formalizou o contrato despois da baixa de maternidade».

O período anterior, desde o 26 de decembro de 2016, día seguinte á finalización do contrato, ata o 27 de xaneiro de 2017, data na que se produciu o chamamento, «non se pode recoñecer para os efectos pretendidos, pois implicaría privilexiar a apelante en relación cos demais integrantes das listas de vinculacións temporais».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.