Galicia Sucesos

Dous mortos e 63 feridos en accidentes de tráfico en Galicia a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 65 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 10, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 12 de maio.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 59. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

También te puede interesar