Galicia Vigo al día

Representantes sindicais péchanse en Citroën para denunciar a sobrecarga de traballo na liña de montaxe

Os sindicatos CIG, CCOO e UGT veñen de convocar unha serie de mobilizacións para denunciar a situación que padecen os traballadores de PSA como consecuencia da sobrecarga de traballo en montaxe, sobre todo na liña 2.

Os representantes sindicais iniciaron un peche indefinido nas oficinas da empresa en Vigo e desenvolverán concentracións nas instalacións da fábrica á entrada e saída de cada unha das tres quendas.

Entre as medidas adoptadas pola CIG, CCOO e UGT inclúense visitas ao taller co responsábel de fabricación para que comprobara o deterioro no que moitos traballadores teñen que afrontar os seus postos; denuncias na comisión paritaria de tempos e rendementos; e elaboración dun estudo detallado posto por posto e doutro no que cada responsábel de unidade participou achegando as súas necesidades.

También te puede interesar