Destacados Vigo al minuto

O prazo para solicitar no Concello as axudas extraordinarias ás familias péchase este mércores

O Concello pechará este mércores, 8 de maio, o prazo de solicitudes para o ‘Programa Municipal de Axudas Extraordinarias a Familias para gastos de aloxamento, subministración e alimentos’ do ano 2019.

Desde o pasado 8 de abril, data na que se abriu o prazo e a falta dos dos últimos días, foron presentadas xa un total de 2.277 solicitudes. Aínda poderán facerse as peticións mediante cita previa, a través da páxina web do Concello ou do teléfono 010.

O importe total das axudas é de 1.640.000€. No ano 2018 houbo unhas 3.000 solicitudes e o Concello concedeu 5.611 axudas a un total de 1.937 solicitantes -unhas 1.000 foron rexeitadas ao non cumprir os requisitos-.

También te puede interesar