RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Tres mortos e 55 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 58 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 3, e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 5 de maio.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 52 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

También te puede interesar