Sucesos Vigo al minuto

@MareaVigo demanda do alcalde e do presidente do Porto que se desculpen polo accidente do Marisquiño

O voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo e candidato á Alcaldía reclamou este luns a Abel Caballero e ao presidente do Porto, Enrique López Veiga, que “pidan desculpas á organización do Marisquiño, ás vitimas do accidente que ocorreu durante a celebración deste festival, e a toda a cidadanía de Vigo”.

O informe técnico, que é contundente á hora de exculpar á organización do Marisquiño, confirma, segundo Rubén Pérez, “o que xa todos e todas sabíamos: que esa estrutura, dependente en calquera caso da Administración pública, estaba nun estado de deterioro tan avanzado que non puido soportar nin a terceira parte do peso para o que estaba deseñada”.

Pérez considera “irresponsable” que tanto o Concello como o Porto deran o visto e prace para a celebración de festivais nese lugar sen ter garantizado que as estruturas poideran soportar os pesos.

Para o candidato da Marea de Vigo, independentemente da competencia sobre esa estrutura concreta, as consecuencias dos danos foron sufridas “en primeiro lugar polas vítimas, pero tamén pola organización do Marisquiño e por toda a cidadanía de Vigo”.

Se ben se trata dunha instalación dentro da zona de competencia portuaria, as conscuencias foron sufridas “por viguesas e vigueses, nun festival vigués, apoiado mesmo económicamente polo Concello, cuxa seguridade sí debe ser competencia muncipal”.

Te podría interesar