Destacados Vigo al minuto

Lavarse as mans salva vidas

Unha correcta hixiene de mans pode salvar vidas e evitar  contaxios e infeccións. É a mensaxe central da edición deste ano do Día Mundial da Hixiene de Mans, a cuxos actos se sumou a Área sanitaria de Vigo.

As actividades desenvolvéronse tanto en hospitais como en centros de saúde. Estudantes de segundo ano de Enfermería foron este ano os encargados de mostrar a pacientes e familiares ou acompañantes como debe facerse o lavado de mans para que sexa eficaz.

Produtos a empregar, manobras e secado foron os tres elementos esenciais nas actividades de concienciación. O obxectivo é conseguir que tanto profesionais como a poboación en xeral extremen o coidado na hixiene de mans nas súas actividades diarias.

Pola súa banda, a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde remitiu unha carta a todos os profesionais na que facía fincapé na necesidade de seguir os consellos da Organización Mundial da Saúde (OMS), dentro da campaña “Salve vidas: limpe as súas mans”.

También te puede interesar