Galicia

Convocada para o venres, día 10, a ‘3ª Marcha contra o peche de camas” nos hospitais públicos de Pontevedra

O Sindicato de Profesionais da Saúde de Galicia (Prosagal) vén de convocar a “III Marcha contra o peche de camas” nos hospitais públicos de Pontevedra, que terá lugar o vindeiro venres, día 10 ás 20:00 horas na capital.

Segundo denuncian dende o sindicato, o peche de camas durante o período estival é unha decisión que se perpetúa e xeneralízase a todos os hospitais de Galicia, “e cremos que non só non permite unha boa xestión de recursos sen non que impide garantir unha asistencia sanitaria óptima”.

A xuízo de Prosagal, esta “tendencia privatizadora” comporta un aumento das listas de espera cirúrxica, derivación de enfermos para intervencións cirúrxicas en centros concertados, colapsos en urxencias e longas esperas en padiolas por pacientes pendentes de ter acceso a unha cama nunha habitación, mentres unha parte das existentes, mantéñense sen uso.

“Non podemos deixar de pensar que o peche é unha medida de aforro, disfrazada de xestión adecuada por descenso de actividade cirúrxica, e o certo é, que pretende conseguir unha diminución do investimento na contratación en todos os ámbitos”.

Os profesionais alertan de que non so sofre a atención nos hospitais, tamén a Atención Primaria véase afectada por esta medida: as consultas de Primaria que non se cobren, comportan un aumento da actividade nos  PACs, maior dificultade para facer un seguimento adecuado do paciente e máis posibilidades de que terminen acudindo ao servizo de urxencias do hospital, “ que xa está saturado a maioría das veces”

A “III Marcha contra o peche de camas” que pretende dar visibilidade a un problema crecente e real a día de hoxe, e impedir: o peche camas nos nosos hospitais públicos; que siga avanzando a deterioración asistencial da Atención Primaria; as malas condicións laborais dos traballadores dos PACs e a precariedade laboral que sofren os profesionais.

También te puede interesar