Galicia

Unha semana cortado ao tráfico, dende este luns, o ramal de saída da PO-510, que comunica Atios e Oleiros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executará a vindeira semana obras de mellora do firme no ramal de saída da estrada PO-510, no enlace de Parderrubias, en Salceda de Caselas, para o que se fai necesario o seu peche ao tráfico.

Este traballos realizaranse a partir do luns, día 6, neste ramal de saída da vía que comunica Atios y Oleiros, no punto quilométrico 5+500, en sentido Salvaterra – Porriño, e se estima se prolongarán durante toda a semana.

Como alternativa á utilización deste ramal, os vehículos poderán saírse da estrada PO-510 nos enlaces existentes no p.q. 7+100 (coa PO-411 en Salceda) ou no p.q. 2+900 (coa PO- 407 a Budiño.

Os usuarios da estrada disporán da correspondente sinalización para indicarlles os itinerarios alternativos que poden empregar para facilitarlles a súa mobilidade.

Para a rehabilitación do asfalto é necesario levantar todas as capas de firme, reparar a explanada e posteriormente repavimentar, polo que se decide cortar o carril para garantir a seguridade na execución das obras.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.