Comarcas

@ConcelloNigran remata o empedrado da rúa Igrexa, en Chandebrito

O Concelllo de Nigrán rematou esta semana as obras para empedrar mediante adoquíns a rúa Igrexa, situada no núcleo de Chandebrito e pavimentada ata agora en aglomerado asfáltico xa moi deteriorado.

A actuación forma parte do plan integral do Concello para recuperar e por en valor toda a contorna do Castro, prevéndose adoquinar toda a zona posteriormente.

“Trátase dun pavimento que sí se adapta á contorna rural do centro de Chandebrito, onde a pedra é o elemento predominante nas edificacións e nos propios muros”, sinala o alcalde, Juan González, quen defende a súa “promoción e preservación” e avanza que, en seguintes fases, iranse empedrando outras rúas.

Os traballos, que contaron cun orzamento de 60.350 € a cargo do Plan Concellos da Deputación, supoñen non só unha mellora no mantemento e conservación do firme, se non “unha posta en valor dos elementos patrimoniais e etnográficos deste núcleo de aldea tradicional único no municipio, repercutindo sen dúbida nunha gran mellora paisaxística”.

También te puede interesar