Comarcas

@ConcelloNigran presenta este domingo a Carlos Blanco nunha actuación a favor de @Baisenpulgas

O Concello de Nigrán ofrece este domingo, Día da Nai, ás 6 da tarde no Auditorio Municipal, unha escolma dos mellores monólogos de Carlos Blanco a beneficio de ‘Baisenpulgas’.

Voluntarios da protectora de animais serán os encargados de recoller o donativo de 5 € entre as persoas que desexen asistir, para o que se abrirán as portas do Auditorio á 5 da tarde, permitíndose a entrada ata completar o aforo.

Deste xeito, o Concello colabora con esta asociación coa que a inicios de ano aprobou no pleno a formalización dun convenio de 5.000 € para que poidan recoller cans e gatos durante a fin de semana ou ofrecer atención sanitaria urxente (circunstancias antes non cubertas).

“Somos conscientes das limitacións coas que traballa esta asociación e desexamos colaborar novamente ofrecendo este evento ao seu beneficio”, explica o alcalde, Juan González.

También te puede interesar