Comarcas

@ConcelloNigran presenta este domingo a Carlos Blanco nunha actuación a favor de @Baisenpulgas

O Concello de Nigrán ofrece este domingo, Día da Nai, ás 6 da tarde no Auditorio Municipal, unha escolma dos mellores monólogos de Carlos Blanco a beneficio de ‘Baisenpulgas’.

Voluntarios da protectora de animais serán os encargados de recoller o donativo de 5 € entre as persoas que desexen asistir, para o que se abrirán as portas do Auditorio á 5 da tarde, permitíndose a entrada ata completar o aforo.

Deste xeito, o Concello colabora con esta asociación coa que a inicios de ano aprobou no pleno a formalización dun convenio de 5.000 € para que poidan recoller cans e gatos durante a fin de semana ou ofrecer atención sanitaria urxente (circunstancias antes non cubertas).

«Somos conscientes das limitacións coas que traballa esta asociación e desexamos colaborar novamente ofrecendo este evento ao seu beneficio», explica o alcalde, Juan González.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.