'Qué te cuentas?' Destacados

Plataforma Galega polo Ensino Público pide non acudir a facer as ‘reválidas’ de Primaria e ESO

A Plataforma Galega polo Ensino Público anima a “darlle continuidade” ao boicot de cursos anteriores e a “non baixar a garda na loita contra a LOMCE” e a non acudir a facer as ‘reválidas’ de Primaria e ESO.

As reválida en 3º de primaria, fixada para os días 28 e 29 de maio, terá carácter censual polo que estarían chamados a fecela  todos os estudantes deste nivel. No caso das avaliacións finais de Primaria e a ESO, tamén nos días 28 e 29  de maio, terán un carácter mostral e neste momento descoñécese o número de centros propostos así como os supostos criterios para seleccionalos.

A xuízo da Platamorma, non se entende que a Consellaría de Educación siga a “dilapidar cartos públicos na realización dunhas probas que non teñen ningún percorrido nin resultado de relevancia, ao tempo que os problemas que acusa a educación no noso país seguen lastrando toda posíbel recuperación, tanto no número de profesorado, como na resposta ás súas demandas ou na redución das rateos ou a mellora da atención á diversidade”.

A Plataforma Galega fai unha defensa a ultranza da avaliación continua fronte ao modelo neoliberal, xerarquizante e clasista da LOMCE”e defende unha educación integral.

También te puede interesar