Galicia Vigo al minuto

Medio Ambiente someterá, en breve, a información pública a ampliación do Parque Tecnolóxico de Vigo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda prevé someter a información pública nos vindeiros días a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (PTL).

Así llo trasladou a conselleira, Ángeles Vázquez, este martes aos membros da Confederación de Empresarios de Provincia de Pontevedra.

Vázquez indicou que despois de que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) tramitara o correspondente proxecto sectorial necesario para a ampliación -promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, na zona de Valladares-, o seguinte paso é sometelo a información pública para avanzar cara á aprobación do mesmo.

A conselleira lembrou que a ampliación habilitará máis de 250.000 m2 máis para o asentamento de empresas neste parque empresarial, cunha edificabilidade máxima de 165.000 m2.

También te puede interesar