Vigo al minuto

@depo_es aproba en Pleno a mellora de convenios con Vigo cun investimento de 17,8 millóns

O pleno da Deputación aprobou este martes a mellora para a adecuación financieira dos convenios co Concello de Vigo que regulan catro das obras máis importantes que se están a facer na cidade.

Nelas a institución provincial inviste 17.773.804€ e son: a Vía Ciclista Teis-Samil no que a Deputación aporta 3.537.000€; a nova grada de Marcador, en Balaídos, na que Deputación inviste 6.915.907€ e a cesión da estrada provincial e humanización de Gran Vía-Avenida de Madrid-Emilia Pardo Bazán, polo que a Deputación de Pontevedra inviste 1.800.000€.

Así mesmo, o Pleno deu o seu voto favorable á  mellora de instalacións deportivas,  como a renovación das instalacións de céspede sintético nos campos municipais de Navia, Bouzas, Meixueiro, Bouza, Sárdoma-Moledo, A Guía e Candeán; a remodelación e substitución dos pavimentos das pistas deportivas da grada de Río en Balaídos, substitución dos pavimentos das pistas polideportivas e mellora das seis pistas de pádel e da recta multiusos.

Es convenio, na que a institución provincial inviste 5.520.897€, tamén se contempla a construción do novo pavillón deportivo cuberto e instalacións complementarias en Romil e o novo pavillón cuberto de Quirós.

También te puede interesar