RGPD - Cookies
Comarcas

@ponteareas_gal inviste máis de 150.000€ na mellora da biblioteca-museo

A concellería de Cultura, dirixida por Hortensia Bautista, rematará, antes de finais de maio, as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio da biblioteca e museo municipal.

As mesmas tiveron un custe final de 154.678,31€, financiados polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional dentro da estratexia “Ponteareas, Hábitat saudable”.

Para seguir ofrecendo este servizo a concellería de Cultura mantivo abertas as instalacións da biblioteca e ampliou o horario que, dende que comezaron os traballos, abre de luns a venres de 08:00 horas a 23:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

“A biblioteca está aberta ata as once da noite para que os usuarios e usuarias gocen dunhas horas de silencio sen as molestias das obras”, explica Hortensia Bautista.

Unha vez rematadas as mesmas será posible a redución da demanda de calefacción e con isto o consumo de combustible, ademais de protexer fronte a auga, evitar problemas de fisuración, reducir as emisión de CO2 e evitar as perdas de calor.

Entre as obras que se executaron están a mellora do aillamento térmico na cuberta do museo, na da biblioteca e na da biblioteca infantil, cambio da iluminación da biblioteca por sistema led e instalación de sensores de presencia e reguladores de luz en función da luz natural.

Por último, separouse a estrutura metálica da cuberta do museo da fachada para evitar dilatacións e a fisuración da fachada que tamén será pintada ao igual que a fachada do museo.

También te puede interesar