Galicia Vigo al minuto

@odscoia convoca unha asamblea para crear o ‘Sindicato de Inquilinas de Vigo’

venres 3 de maio ás 19:30 está convocada unha asemblea aberta co obxectivo de organizar «Sindicato Inquilinas de Vigo». Será nos locais da parroquia do «Cristo da Vitoria» en Coia.

En diferentes cidades de Europa e do Estado Español agromaron grupos que organízanse para loitar contra a burbulla do alugueiro. Dende a Oficina de Deritos Sociais de Coia (ODS-Coia) sublíñase que «en Galicia, especialmente en Vigo, o prezo das vivendas en alugueiro non para de medrar».Mesmo «hai uns días podíamos ler titulares como este: «O prezo dos alugueiros segue medrando, cunha suba do 16% nas cidades dende o 2015″.

«Sen dúbida o dereito a unha vivenda digna está en perigo», engaden, sinalando que «os grandes capitais xiran a súa mirada cara a vivenda para seguir enchendo os petos, e para iso non reparan en afogar con subas ou expulsar a aquelas inquilinas que son molestas para os seus negocios». 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.