Galicia

@COGAMI_Galicia inicia un curso de auxiliar de panadería no que se forman 14 persoas con discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia en Pontevedra un curso de Auxiliar de panadería dirixido a persoas que teñen certificado de discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual.

Esta acción formativa, con duración de 100 horas lectivas, 60 teóricas e 40 prácticas, impártese durante as mañás de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ata o 21 de maio.

A mesmas está dividida nos seguintes módulos: atención ao cliente, manipulador de alimentos e alérxenos, vendedor en establecementos comerciais, operacións básicas de cafetería, panadería e pastelería, servizos de bar e cafetería e servizos de panadería, bolería e pastelería.

En total son 14 persoas con discapacidade as que iniciaron este curso, 11 mulleres e 3 homes, procedentes dos concellos de Pontevedra, Poio Marín, Bueu e Cerdedo.

Primeiro emprego e reciclaxe profesional

Os perfís das persoas que iniciaron esta formación poden diferenciarse nun grupo que comprende idades de entre 25 e 35 anos, co que o buscan é poder atopar o seu primeiro emprego tralo remate da formación, e outro grupo de integrantes do curso comprende entre 45 e 60 anos, co que o que buscan a través deste programa é a reciclaxe profesional.

‘Máis Emprego’

Esta acción formativa forma parte do programa de inserción laboral ‘Máis Emprego’ que  financia Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, programa que se desenvolve nas comarcas de O Salnés, Pontevedra e Vigo, co fin de dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade de cara á inserción laboral.

100 traballos

Dende que iniciou este programa en 2017, lévanse impartido 14 cursos nos que se formaron un total de 139 persoas con discapacidade (63 mulleres e 76 homes). De todas estas persoas formadas, 100 delas conseguiron inserirse laboralmente tras pasar por ‘Máis Emprego’, das que 52 son mulleres e 48 son homes, co que conta, ata o de agora, cunha porcentaxe de inserción do 72%.

También te puede interesar