Destacados Vigo al minuto

Si eres de Vigo tienes a tu disposición una plataforma digital con películas, música y documentales gratis

O Concello vén de poner en marcha pon en marcha ‘EFilm Vigo’, unha plataforma online exclusiva para bibliotecas destinada ao préstamo de cinema, documentais, concertos, series, animación e curtametraxes.

A mesma permite o acceso legal e gratuíto a un amplo catálogo con máis de 27.400 títulos, 24 horas ao día e 7 días á semana, dende calquera dispositivo con conexión a Internet. Todos os contidos están accesibles en streaming, sen necesidade de descarga.

Este proxecto, “innovador a nivel Europeo”,  supón un novo paso na implantación de servizos dixitais na biblioteca pública. Ademáis facilita a relación cos usuarios, que xa non teñen necesariamente que desprazarse á biblioteca para tomar en préstamo os documentos que son do seu interese.

Para poder dispor de ‘EFilm Vigo’ é necesario ter carné da biblioteca e solicitar presencialmente na BPM Xosé Neira Vilas a inscrición en EfilmVigo, onde se facilitarán as claves de acceso.Ter polo menos 14 anos de idade e contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.

A dispoñibilidade de audiovisuais é inmediata e, unha vez efectuado o préstamo, o usuario dispón de 72 horas para poder visualizar o audiovisual cantas veces desexe.

Os préstamos poden ser simultáneos, é dicir, un mesmo usuario pode solicitar todos os préstamos que teña dispoñibles, e ao mesmo tempo, múltiples usuarios poden solicitar préstamos dun mesmo audiovisual sen restrición algunha.

O usuario pode consultar en todo momento o número de préstamos que aínda ten dispoñibles entrando na súa conta e ‘EFilm Vigo’ coas súas claves de acceso.

También te puede interesar