Cultura Vigo al día

#DiadoLibro Libros Libres! este martes no MARCO

Este martes, 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o MARCO súmase un ano máis á experiencia de Bookcrossing compartida con outras 54 bibliotecas de museos e centros de arte, na que se liberarán volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes dos fondos das súas respectivas bibliotecas.

A ‘solta’ de libros iniciarase a partir das 12.00 fronte á fachada principal na rúa Príncipe, e outros puntos da cidade.

Os participantes ponen en circulación libros libres coa intención de que quen os recolla, goce da súa lectura e volva liberalos noutro punto distinto do mundo. Cada libro estará acreditado coas súas correspondentes etiquetas, conterá as instrucións necesarias para facilitar a participación na campaña, e estará rexistrado na web  www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e liberaron cada exemplar.

O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.

También te puede interesar