RGPD - Cookies
Cultura Galicia

@AsNevesConcello acolle o I Gran Capítulo da Cofradía do Tinto das Rías Baixas

Coincidindo co segundo día da Feira do Requeixo e do Mel, As Neves acolleu este sábado aos membros da Cofradía do Tinto das Rías Baixas que hoxe celebraron o seu 1º Gran Capítulo.

Os integrantes da cofradía, formada maioritariamente por mulleres, foron recibidos polo alcalde, logo do desfile que protagonizaron, acompañados polo grupo de gaitas “Atrancalevadas”.

Xa nas Neves celebraron o seu I Gran Capítulo antes de posar para a ‘foto de familia’ nas escaleiras do Concello e de participar na novedosa ‘sesión vermú’ da Feira do Requeixo e do Mel que este ano tivo unha máis que notable representación dos caldos da D.O Rías Baixas, en xeral e, en especial, dos seus tintos.

 

También te puede interesar