Piden que los especialistas puedan derivar directamente pacientes al fisioterapeuta

As consultas telefónica aoo médico de familia achéganse ao medio millón en Vigo

As consultas telefónicas dos pacientes co seu médico de familia seguen a medrar e supoñen xa un 16,20% do total de consultas rexistradas  nos centros de saúde da Área Sanitaria de Vigo o pasado ano.

Segundo os datos difundidos polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS), dos 2.977.983 de consultas  realizadas, atenderon telefonicamente 482.525.

O aumento global foi de 40.266 consultas médicas nos centros de saúde con respecto a 2017 e o incremento de citas por teléfono acadou as 33.606. Comparando estes datos dedúcese que o 83,5% dese crecemento de actividade correspondeu á vía telefónica.

Esta alternativa, que evita ao paciente acudir ao centro de Atención Primaria en persoa, convértese, conforme pasa o tempo, nunha das fórmulas preferidas pola cidadanía, tal e como  se constata no estudo da actividade do último ano.

Unha de cada dez

En total, nos centros de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo rexistráronse o pasado ano 605.551 actos por vía telefónica de todas as categorías profesionais (pediatría, enfermaría, matronas, farmacia, odontoloxía, hixienistas e traballo social), o que representa o 10,61% do total; é dicir, unha de cada 10 atencións fixéronse xa por teléfono.

En canto a porcentaxe de citas telefónicas atendidas polos pediatras, situouse nun 9,83% (43.451) das 441.913 consultas. A enfermaría realizou 70.203, un 3,62% do total  de atencións (1.939.334).

También te puede interesar