Destacados Vigo al minuto

O Concello aumenta ata 900 o número de becas de ‘Vigo en inglés’

O Goberno local aprobou este mércores o incremento para 2019 do número de prazas para que estudantes de 3º da ESO estuden o idioma a través do programa “Vigo en inglés”.

En 2018, foron 750 os mozos e mozas pasaron case un mes aprendendo o idioma con familias no Reino Unido dentro do Programa Municipal de Inmersión Lingüística (PILI), pero na presente edición de 2019 foron recibidas 900 solicitudes, polo que o Concello acordou aumentar o número de prazas e poder incluír a todos os estudantes.

Desta forma o importe do contrato aumentou en 340.893€ pasando de 1,7 millóns a 2,04 millóns. A achega por alumno ronda os 2.300€.

También te puede interesar