Galicia

@depo_es financia con 132.000€ actuacións en Gondomar, O Porriño, Mos e Redondela

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolucións presidenciais, catro novos investimentos para os concellos de Gondomar, Mos, Redondela e O Porriño, ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019, por un total de 131.952,15€.

Máis polo miúdo, destinaranse 47.578,93€ para obras de mellora da pavimentación e saneamento en camiños municipais, no barrio da Fonte, en Peiteiros-Gondomar.

Un total de 48.333,45€ serán para un proxecto de edificación deportiva, destinada a ximnasio, no campo de fútbol de Coto Torrón, en Mos.

Para o concello de Redondela achegaranse 24.349,77€ que servirán para o acondicionamento e mellora do camiño do Tanque, en Cesantes.

Pola súa banda, o concello do Porriño vai recibir un total de 11.690€ para o subministro de maquinaria de viais e obras.

También te puede interesar