Galicia Vigo al minuto

6.000 persoas teñen permiso para visitar Cíes e Ons esta Semana Santa

Case 6.000 persoas tramitaron xa a correspondente e preceptiva autorización para poder visitar esta Semana Santa o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  quen visitou este martes  as Cíes para coñecer de primeira man o  funcionamento do operativo de control de acceso que se activou o pasado venres coincidindo co inicio da tempada alta.

10 informadores

Un equipo composto por 10 informadores despregaranse durante todo o período vacacional nos cinco portos de saída cara ás illas (Vigo, Baiona, Cangas, Portonovo e Bueu) mentres que o persoal do Parque Nacional actuará de reforzo nos portos de Cíes e de Ons.

A súa función, como explicou a conselleira, será velar polo correcto funcionamento do dispositivo de acceso ao parque para o que verificarán a validez das autorizacións dos pasaxeiros tanto nos puntos de saída como de chegada, utilizando lectores dos códigos QR que levan inseridos todos os permisos emitidos e que permiten identificar de modo automático os datos de cada visitante.

1.800 persoas ao día a Ons

Vázquez Mejuto explicou que tras a entrada en vigor en febreiro do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o sistema de acceso limitado e regulado estendeuse tamén á illa de Ons, onde por primeira vez limítase o número diario de visitantes a un máximo de 1.800 persoas.

Aínda hai prazas

En todo caso, a conselleira precisou que, a día de hoxe, aínda quedan prazas disponibles para viaxar a calquera das illas durante todos os días de Semana Santa, precisando que o Venres Santo é a xornada na que se agarda unha maior afluencia de visitantes.

También te puede interesar