'Qué te cuentas?' Galicia

@bngvigo que os pisos da cidade propiedade dos bancos rescatados con fondos públicos formen parte de unha bolsa de vivenda social

Diante da posíbel adquisición de case 200 novas vivendas en Vigo por parte da Sareb -entidade de xestión de activos inmobiliarios das entidades financeiras saneadas-, o candidato do BNG á Alcaldía volveu reclamar que estas se incorporen a unha bolsa de vivenda social.

“Resulta paradóxico e insultante que a Sareb poida adquirir 200 novos pisos en Vigo para especular, cando só no primeiro trimestre deste ano 192 familias viguesas perderon a súa vivenda nun desafiuzamento por impago hipotecario ou de alugueiro”, sinalou este luns Xabier P. Igrexas.

Igrexas demandou que o Concello tome a iniciativa, pedindo a implicación tamén da Xunta, para que os pisos dos que é propietaria a Sareb na nosa cidade, e tamén as inmobiliarias de entidades bancarias rescatadas con fondos públicos, se destinen a uso social.

“Temos o prezo da vivenda e os alugueiros máis caros de toda Galicia e a pesar de que en Vigo hai 18.500 pisos baleiros, na súa maioría propiedade de bancos, vemos como se suceden os desafiuzamentos e como moitas persoas son expulsadas da cidade por non poder pagar eses custes. Hai que poñer fin a esta situación.“, denunciou.

También te puede interesar