'Qué te cuentas?' Galicia

@depo_es prevé unha ocupación hoteleira do 64% na provincia esta Semana Santa

A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer a estimación de ocupación hoteleira media na provincia para a vindeira Semana Santa e que, segundo os datos de Turismo Rías Baixas, se situará no 64%, dous puntos máis que o previsto na Semana Santa do 2018.

Trátanse dunhas estimacións “prudentes” debido a que “aínda esta semana abriron algúns establecementos, outros non van abrir, e a climatoloxía pode facer variar os resultados”.

Silva tamén sinalou que nalgunhas comarcas “os resultados serán mellores debido á celebración de eventos deportivos que traerán a moitos visitantes como é o caso do Salnés onde prevese unha ocupación do 75%, con cidades como Vilagarcía rozando o 100%”. 

No caso da comarca de Pontevedra estímase un 65% de ocupación hoteleira durante a Semana Santa. Sobre esta comarca a presidenta indicou que “pechará o mes de abril cunha elevada porcentaxe de ocupación debido a que a finais de mes terá lugar o ITU Multisport, que concentrará a máis de 4.000 deportistas”.

Pola súa banda, a comarca do Morrazo superará o 54% de ocupación hoteleira, Caldas o 45%, Vigo o 60%, O Baixo Miño o 68%, O Condado e A Paradanta rozarán o 100% e as comarcas de Deza e Terra de Montes superarán o 50%.

En canto ao turismo rural, a presidenta da Deputación informou que se agarda unha ocupación media en toda a provincia do 60%, superándose esta porcentaxe en comarcas como O Morrazo, Pontevedra, Vigo e Caldas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.