'Qué te cuentas?' Destacados

Suspendido o inicio da folga de limpeza nos hospitais de Galicia

A CIG e CCOO suspenderon o inicio da folga indefinida prevista para este mércores, día 10, no servizo de limpeza dos hospitais galegos. A decisión tomouse  logo do acordo acadado na mediación laboral a respecto da equiparación salarial mediante o pago do plus de carreira profesional.

A representación sindical agardará sete días a que as empresas que aínda non o fixeron abonen as cantidades pendentes, e no caso contrario reactivará a convocatoria.

Percepción económica

As partes recoñecen que constitúe un dereito de todas as persoas que prestan servizos para as contratas do Sergas a percepción económica do equivalente ao importe da chamada carreira profesional.

Con todo, déixase moi claro que en ningún caso o recoñecemento do dereito do persoal pertencente ás distintas contratas do Sergas que teñan recoñecida a equiparación salarial ás contías vixentes da chamada carreira profesional poderá facerse depender da sinatura ou presentación do modelo pactado.

A antigüidade, o único requisito

Ademais, estableceuse que as empresas non poderán esixirlle ás beneficiarias ningún requisito fóra da antigüidade, xa que aquelas que se negaban a pagar reclamaban a realización dun curso de especialización. Tanto CIG como CCOO rexeitaban esta demanda ao entender que rompía o acordo formalizado no Consello Galego de Relacións Laborais e tendo en conta que “o persoal non precisa de formación adicional porque ten anos de experiencia abondo”.

O comité de folga fixou un prazo de sete días para que as empresas que aínda non pagaron a equiparación salarial do persoal das contratas co do Sergas (Clece, Grupo Norte, Grupo Faro e Ilunion) poidan facelo, xa que do contrario reactivarán a folga.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.