Cultura Destacados

Denuncian a falla de guías con título acreditado nas visitas ás Illas Atlánticas

Os guías de AGAIAS – asociación de guías acreditados do Parque Nacional das Illas Atlánticas- veñen de manifestar a súa preocupación “fronte ó incumprimento por parte das empresas navieiras do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) recentemente aprobado”.

Este plan, salientan dende esta asociación, obriga a que as persoas que exerzan como guías neste espazo natural conten co título que así o acredite.  “Actualmente, en temporada baixa, cando só acceden ao Parque Natural un escaso número de barcos as fins de semana e poucos guías son necesarios, as navieiras non levan con todos os seus grupos de visitantes a guías acreditados”.

AGAIAS salienta que hai só uns meses que o tan esperado PRUX foi publicado, e xa se está a incumprir neste punto. “Que podemos esperar entón na época de máxima afluencia ás illas? Que outros puntos se saltarán as distintas empresas que traballan neste valioso  espazo natural?”

Te podría interesar