Galicia

A Valedora do Pobo amárrase ao cargo

A Valedora do Pobo dimite…pero non dimite. Milagros Otero aférrase ao cargo e seguirá no mesmo a lo menos ata que sexa escoitada no Parlamento de Galicia.

Finalmente, a realidade é que non dimitiu…puxo o cargo a diposición do Parlamento e logo dixo que renunciaba sempre e cando os grupos da Cámara chegasen a un acordo para sustituila a ela e ao seu adxunto, Pablo Cameselle.

Otero, que ten que coma Valedora do Pobo ten que velar porque as adminstracións cumplan a legalidade, viu hai días coma o Tribunal Supremo ratificara a decisión do o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou o nomeamento da  xefa de Servizo de Administración e Persoal da institución.

Esta non é outra que a sobriña de Manuel Fraga,irmá do voceiro do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Pedro Puy Fraga, e filla de Pedro Puy, quen fora superior da Valedora na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.

Aínda así Otero non dixara o seu cargo que, en contra do que afirman os partidos da oposición non está valeiro, segundo o departamento xurídico do Parlamento de Galicia, posto que para iso, se ela non dimite, hai que cesar a actual Valedora cunha maioría reforzada, para  cal é preciso o voto do deputados do PP.

You may also like