Destacados Vigo al minuto

Vaca TV abre o casting para o seu proxecto de serie nacional

Vaca TV, filial da produtora galega Vaca Films – responsable de “La sombra de la ley”, “El desconocido”, “El Niño”, “Celda 211”- abre o ‘casting’ na procura de figurantes e pequenas partes para o seu novo proxecto de serie nacional.

A rodaxe terá lugar durante primaveira e verán do presente ano, en distintos puntos de Galicia. Búscanse figurantes de tódalas edades, sexos ou razas para rodar en A Coruña, Ferrol, Vigo, As Pontes, Carballo, Sada, entre outros.

As datas dos castings son: Luns 8 de Abril ARTEIXO. Melandrinas café cultural. Rúa Nicaragua 4; martes 9 de Abril VIGO. Oficina de turismo da estación marítima e CANGAS. Antiga Agraria. Rúa Cuba s/n; mércores 10 de Abril A CORUÑA. Hotel Eurostars Atlántico; xoves 11 de Abril COMPOSTELA. Casa das asociacións. Rúa Manuel Beiras 3 e NEGREIRA. Telecentro da casa da cultura; venres 12 de Abril FERROL. Galería do centro comercial Parque Ferrol; luns 15 de Abril A CORUÑA (II). Hotel Eurostars Atlántico; martes 16 de Abril O BURGO. Edificio de servizos múltiples; mércores 17 de Abril SADA. Oficina da xuventude.

As persoas que non poidan asistir a ningún dos castings deberán enviar os seus datos persoais acompañados de tres fotos a: [email protected].

You may also like