Galicia Sucesos

Dous mortos e 87 feridos nas estradas de Galicia a pasada fin de semana

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 89 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado venres, día 5, ata as 12 menos 1 minuto da noite deste domingo, 7 de abril.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 75 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 61 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 89 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 86. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 68 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061 prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 16 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  71 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

También te puede interesar